Click for Lisbon, Portugal Forecast

terça-feira, janeiro 22, 2008

I Encontro de Bloggers Enogastronómico

Ferran Adriá


O período de inscricións para participar no Fórum Gastronómico Santiago’08 xa está aberto, de maneira que calquera persoa interesada pode inscribirse a través desta páxina web ou do teléfono 93 883 30 45 ou ben 902 40 60 33

Coa presenza dos mellores cociñeiros do mundo como relatores, Fórum Gastronómico Santiago’08 ofrece un programa único a uns prezos ao alcance de todos, posible grazas ao apoio de empresas e institucións.

Grandes sesións de cociña en directo, obradoiros nos que se poden degustar as elaboracións dos mellores profesionais, catas e maridaxes de viños ou os diálogos compñen o programa deste congreso profesional dedicado ás cociñas do Atlántico.

A enogastronomía é un destes pequenos mundos nos que o impacto dos blogs creou unha maior expectación, permitindo aos consumidores e aos especialistas unha nova canle de intercambio e información cunha crecente influencia e visibilidade.

Sesións de traballo:
Luns, 18 de febreiro
Condicións de participación
É necesario acreditar a autoria dun blog gastronómico propio. A organización resérvase o dereito de admisión.
Como acreditarse
Os bloggers interesados en participar deberán formalizar a inscrición cumprimentando o formulario de inscrición de bloggers e mandalo á seguinte dirección de correo electrónico prensa@forumsantiago.com.

A inscrición no eFórum permitirá a todos os bloggers acreditados asistir de forma gratuíta como prensa a todas as sesións do Fórum (sempre que queden prazas vacantes).

Para máis información:
Jetti Hoenisch
902 30 40 66
tecnic@forumgastronomic.com